19 mortos e 40 feridos, cifra provisional de vítimas nun tiroteo nun centro comercial de Texas


  • Ademáis dos falecidos, once persoas están ingresadas en estado crítico e a policía detivo tres persoas en relación a este suceso, entre elas o principal sospeitoso, un mozo de 21 anos.

O subgobernador de Texas, Dan Paltrick falaba de polo menos 20 vítimas, sen especificar se mortos ou feridos, das que 11 estarían en estado crítico, ingresadas en distintos hospitais.

Outras fontes xa confirman os 19 falecidos como consecuencia do ataque producido a media mañá cando o centro estaba moi concorrido. A cifra definitiva podería aumentar xa que algúns feridos foron trasladados por particulares aos centros hospitalarios. Trátase dun dos tiroteos máis graves na historia dos Estados Unidos de América.

A policía continuaba a última hora rastrexando varios puntos da cidade e non dan máis detalles sobre as circunstancias do tiroteo mentres piden á poboación que non se achegue á zona do tiroteo, ocorrido no centro comercial Cielo Vista.