19 persoas detidas e interceptado un veleiro con 5,1 toneladas de haxix

Foto.- Garda Civil.

Os arrestados, que se amparaban na navegación en augas internacionais para dificultar a intervención policial, actuaban en Pontevedra e noutras provincias españolas, ademais, de en países como Italia, Libia, Marrocos, Guinea Bissau, Senegal ou Túnez, segundo informa a Dirección Xeral da Garda Civil. Os axentes practicaron 20 rexistros domiciliarios en inmobles de varias localidades das provincias de Barcelona e Xirona, ademais de en Cambados (Pontevedra). Neles, incautáronse dun vehículo que fora subtraído en Marsella (Francia) o pasado mes de novembro que levaba matrículas falsas e estaba en poder dun dos líderes da organización que, segundo informa o instituto armado, montara no seu domicilio unha plantación de marihuana. Tamén foron intervidos útiles para a distribución da droga e terminais para comunicación  encriptada.