O Boletín Oficial da Provincia publicou a concesión definitiva das subvencións que concede anualmente a Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo nos concellos da provincia. Este ano, 77 concellos contratarán ou manterán no seu cadro de persoal a técnicos deportivos municipais grazas ao apoio económico da Deputación, que achega un total de 1.008.966,33 euros para financiar este programa.
A deputada responsable da área de Deportes, Cristina Capelán, afirmou que «ademais de contribuír á xeración de emprego na provincia, permitindo a contratación de 77 persoas durante un período dun ano, facilitan tamén que os municipios coruñeses poidan desenvolver programacións deportivas de carácter estable e fomentar a actividade física entre a poboación». Na costa da Morte o reparto queda do seguinte xeito:
Comarca de Bergantiños – Costa da Morte
| CONCELLO | ACHEGA |
| Cabana de Bergantiños | 7.500,00 |
| Camariñas | 15.000,00 |
| Carballo | 15.000,00 |
| Cee | 15.000,00 |
| Cerceda | 15.000,00 |
| Corcubión | 15.000,00 |
| Coristanco | 10.000,00 |
| Dumbría | 10.000,00 |
| Fisterra | 10.000,00 |
| Laxe | 15.000,00 |
| Malpica | 15.000,00 |
| Muxía | 10.000,00 |
| Ponteceso | 15.000,00 |
| Vimianzo | 15.000,00 |
| Zas | 10.000,00 |
| Total | 192.500,00 |