Preto de 450 voluntarios participarán, ao longo dos próximos días, nas 26 batidas de limpeza programadas por toda a Comunidade dentro da campaña 1m2 polas praias e os mares, unha iniciativa impulsada a nivel nacional por SEO/BirdLife e Ecoembes no marco do proxecto Libera e que en Galicia conta co apoio da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Concretamente, celebraranse 17 batidas na provincia de Pontevedra, nas que participarán máis de 300 persoas; 4 na Coruña, con 85 voluntarios; 3 en Ourense, con 31 inscritos e 2 en Lugo, cuns 20 participantes. En total, preto de 450 liberadores repartidos en 26 praias da Comunidade.
Nesta nova edición da campaña, que dará comezo mañá e permanecerá activa ata o día 26 deste mes, haberá un total de 253 puntos de recollida repartidos por toda España que, en conxunto, contará coa colaboración de case 3.700 voluntarios.