1º premio para o IES Maximino de Baio na Maker Faire Galicia


O proxecto “IES Seguro” do IES Maximino Romero de Lema (Baio, Zas) conseguiu 1º premio no Maker Faire Galicia, un dos maiores eventos de inventores e creadores a nivel nacional.

Foi elaborado polo alumnado de 2º de FP Básica Informática de Oficina e 1º de CM de Sistemas Microinformáticos e Redes, e estivo coordinado pola profesora Marta Diz e o profesor Gonzalo de Castro-Acuña.

Santiago de Compostela foi a sede durante estes últimos anos desta feira na que se congregaron máis de 50.000 visitantes; sen embargo, esta 6ª edición será virtual debido á actual pandemia.