2 establecementos turísticos de Fisterra e Muxía reciben axudas para a súa reforma

1 minutes read

Na provincia beneficiáronse desta orde da Consellería de Cultura e Turismo máis de 18 establecementos cunha partida que supera os 320.000 euros.

Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibiron estas achegas un total de 2 establecementos turísticos de Fisterra e Muxía.

O Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou o Hostal A Cruz en Muxía que recibiu unha achega de máis de 25.000 euros para levar a cabo a reforma das súas habitacións

A través delas, cubríronse investimentos dirixidos a accións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas nestes negocios; obras para a optimización das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística; ou actuacións para incrementar a clasificación do establecemento e elevar a súa categoría.

Comprendeu, así mesmo, iniciativas de climatización que favoreceron a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético; a modernización das instalacións e do embelecemento do entorno ou a renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento nas súas diferentes tipoloxías.