O 4 e 5 de febreiro dez nadadores-as da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Inverno celebrado na Piscina do Complexo Deportivo Municipal de Santa Isabel en Santiago. Localidade onde conseguían unha moi boa actuación rematando na 5ª praza masculina, na 8ª feminina e na 6ª conxunta por equipos. As 11 medallas do campionato foron desta volta para (4) Anxo Fuentefría de 14 anos cos ouros nas probas dos 200 braza e estilos, e as pratas nos 100 braza e os 400 libres; (3) Manuel López de 13 anos prata nos 200 e 400 libres e bronce nos 100 libres; (2) Noa Ferreiro de 12 anos bronce nos 100 estilos e os 200 libres; e os 2 bronces de (1) Carlos Casal de 13 anos nos 200 braza e (1) Alba Lamas de 12 anos nos 200 costas. Anxo Fuentefría acadaba ademáis as marcas mínimas para participar no Nacional de Verán nos 200 e os 100 braza e nesta última proba batía tamén a mellor marca de 14 anos do club. Así mesmo compre destacar as actuacións de Iago Guitián de 13 anos, 4º nos 200 estilos e Lucía Fernández de 12 anos, 6ª nos 100 estilos. Respecto das substitucións por equipos os mellores resultados da A.D. Fogar foron a 4ª praza dos rapaces no 4×100 estilos e a 6ª das rapazas no 4×100 libres.
25