39
Os obradoiros de Samaín desenvolvidos este xoves no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar baixo a organización do Concello da Laracha, contaron coa participación dunha vintena de rapaces de idades comprendidas entre os tres e os doce anos.
O programa tivo unha duración de tres horas, nel os rapaces e rapazas que participaron fixeron distintos obradoiros cunha temática relacionada co Samaín: aprenderon a decorar cabazas e a elaborar elementos decorativos con materiais reciclados.
Os rapaces estiveron durante toda a mañá acompañados por tres monitores. A actividade foi gratuíta para os participantes.