20 proxectos participarán no 28º Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra de Camariñas

Foto de grupo da edición deste 2021_Cedida

  • O evento celebrase do 13 ao 17 de abril de 2022

O Concello de Camariñas publicou este xoves a lista de memorias seleccionadas para participar no XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará do 13 ao 17 de abril de 2022 durante a XXXI Mostra do Encaixe De Camariñas.

O xurado seleccionou un total de 20 memorias cuxos autores e autoras proceden de diversos lugares de España como Asturias, Alicante, Pontevedra, Murcia, Madrid, A Coruña, Guipúscoa, Zaragoza ou Cantabria. Segundo destacan desde a organización da Mostra, o nivel desta próxima edición será moi alto porque os concursantes formáronse nas mellores escolas do país.