200 nenos e nenas participan este verán na Campaña de Vela da Deputación da Coruña


O presidente da Deputación da Coruña. Valentín González Formoso, a deputada de Deportes, Cristina Capelán, o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, e o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, inauguraron a primeira quenda da Campaña de Vela 2022 da Deputación, na que participarán preto de 200 nenos e nenas de distintos municipios costeiros da provincia ao longo dos meses de xullo e agosto. A iniciativa inclúe a iniciación nos conceptos teóricos de náutica e coñecementos básicos de nodos mariños con prácticas de navegación a vela. Entre os monitores destaca a presenza do campión do Mundo de 420, Toni Ripoll, que amosará aos máis pequenos a paixón pola vela e lles ensinará os segredos da náutica. As próximas quendas terán lugar en diferentes paraxes do litoral como Mugardos (25 ao 29 de xullo) , Pontedeume (do 1 ao 5 agosto), Ponteceso (do 8 ao 12 de agosto), Dumbría (do 15 ao 19) e Rianxo, a última quenda, do 22 ao 26 de agosto. As quendas terán unha duración dunha semana e se estruturarán en dous grupo; un de 10:00 a 14:00 horas e outro de 16:00 a 20:00 horas.