200 nenos e nenas participarán este sábado no Trofeo de Ciclismo Concello de Carballo

1 minutes read

Baixo a organización do Club Ciclista Carballo, este sábado a partir das 16:00 horas arranca o Trofeo Concello de Carballo 2023 para as categorías escolas, cadetes e júnior fémina. É unha das 5 probas que puntúan para a Copa Galicia do Por Vir. A proba para cadetes será en estrada, 52,9 Km con saída da Avda. da Milagrosa cara Coristanco – Rus – Carballo (2 voltas) e na 3º volta Coristanco – Rus – Artes e Carballo. Para as probas de escolas será un circuito urbano que recorre as rúas Av. Milagrosa, rúa Concordia, rúa Montero Ríos, rúa Salvador de Madariaga, Av. Milagrosa, rúa Xílgaro, rúa Emilio González López, rúa Cemiterio Vello, Av. Milagrosa. Participarán preto de 200 nenas e nenos de toda Galicia, pero tamén asiste un equipo de Castela León (Bembibre). O evento contará coa axuda de Protección Civil de Carballo e Coristanco, coa Policia Local de Carballo e Coristanco e con preto de 30 persoas voluntarias, así mesmo con 10 axentes da Garda Civil que todos eles velarán pola seguridade da proba.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?