200 participantes en Vigo nun encontro sobre investigación en ciberseguridade

Duascentas persoas participan esta semana nas VIII Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade (JNIC) que se celebran en Vigo desde este mércores 21 ata o 23 de xuño. O evento é a principal referencia en expoñer os avances, o coñecemento e innovación de ciberseguridade a nivel nacional, e recala por primeira vez en Galicia, tras o seu paso en edicións anteriores por León, Granada, Madrid, San Sebastián, Cáceres, edición online durante a pandemia, e Bilbao. As xornadas están organizadas polo centro tecnolóxico Gradiant e o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic. A iniciativa conta coa colaboración do Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE).

Na inauguración, que tivo lugar na mañá deste mércores no auditorio de Afundación, participaron (de esquerda a dereita):

Ana Fernández Vilas, presidenta Comité Organizador atlanTTic
Luís Pérez, Director Xeneral de Gradiant
Mónica Valderrama, Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Universidade de Vigo
Juan Díez, Responsable do Sector Estratéxico de Saúde, Alimentación e Investigación de INCIBE
Adrián Lence, Director de Infraestruturas e Seguridade de Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Martín Llamas, Director de atlanTTic
Lilian Adkinson, presidenta Comité Organizador Gradiant

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha