Os térmometros están a marcar valores anómalos en España para esta época do ano, con temperaturas tan sorprendentes coma os 25 graos de Bilbao, os 22 de Segovia ou os 21 de Teruel. Os 20 graos que se rexistraban este sábado en Donostia foron subindo ata os 25-26 e animaron a moitos a achegase á praia para pasear e mesmo bañarse. Coma se fose primavera. O mesmo sucedeu en Barcelona onde tivo lugar o tradicional e multitudinario baño de ano novo. E na praia das Salinas de Ibiza. Cheas tamén as terrazas e praias de Valencia para aproveitar este tempo de verán. Segundo parece, o venres 31 foi o máis cálido en moitas cidades desque hai rexistros. Os meteorólogos falan dunha masa de aire subtropical combinada con altas presións pero avisan da chegada dunha masa de aire polar a partir do martes.