208 pensións de galegos falecidos foron cobradas nos últimos anos

1 minutes read

Hai uns días coñecemos o caso dunha muller da Estrada que cobrou durante 20 anos a pensión do seu avó. Pois ben, non foi a única persoa que cobrou unha pensión dun morto. O Imserso pagou, durante anos, 208 pensións de galegos falecidos, segundo un informe do Tribunal de Contas. De feito, Galicia é unha das comunidades con máis casos, xunto con Valencia.

Máis dun milleiro de persoas fan esta fraude cada ano en toda España, segundo os últimos datos, que son de 2016.

Por iso, o Tribunal de Contas recomenda á Seguridade Social que estude a posibilidade de implantar un procedemento homoxéneo para solicitar a colaboración das entidades financeiras na retrocesión de mensualidades que van máis aló dos últimos catro anos cando os fondos continúen depositados na conta bancaria.