Cerceda acolle un obradoiro de memoria para persoas maiores

0 minutes read

Este xoves, o alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, e as concelleiras Cristina Capelán e Catrina Queijo, visitaron ás veciñas que participan no ‘Obradoiro de memoria’, un programa impulsado polo Concello de Cerceda para traballar a estimulación cognitiva, e que deron comezo en outubro.
O alcalde sinalou que «independentemente da idade, a mente é un edificio que hai que manter ou mellorar iluminándolle os espazos a miúdo. Iso faise de múltiples formas, como por exemplo a conversación, a lectura ou a estimulación cognitiva, que é o que se fomenta con estos obradoiros de memoria».