21.300 millóns de euros da UE para financiar os ERTE

España vai ser un dos países que máis fondos vai recibir do programa europeo destinado a custear os expedientes de regulación de emprego temporais -ERTE-. A Comisión Europea deu o visto e prace ao plan presentado por España, e isto implica que lle corresponderán 21.300 millóns de euros, só por detrás de Italia, que recibirá 27.400 millóns.

En total, o executivo comunitario validou os plans de quince países entre os que tamén se contan Polonia, Bélxica, Romanía e Grecia. En cambio, Portugal e Hungría terán que esperar. Todos eles solicitaran recibir axudas do programa SURE, especialmente creado para facer fronte ás consecuencias económicas da pandemia e máis concretamente para evitar a destrución de postos de traballo.

Trátase dun préstamo en condicións vantaxosas e tipos de interese moi baixos, que se concede en base aos plans presentados polos gobernos nacionais.Tras recibir o visto e prace da Comisión Europea, o programa español debe agora ser aprobado polos Estados membros da UE. Polo que se calcula que o primeiro tramo das axudas poderían empezar a chegar en outubro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha