O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, confirmaba na tarde deste martes que «se realizaron máis dunha decena de rexistros en distintos puntos da provincia, enmarcados dentro da operación Doner. Detívose máis dunha vintena de persoas que, presuntamente, teñen relación co tráfico de drogas. Finalmente, intervíronse substancias estupefacientes, diñeiro e algunha arma». Os axentes da UDYCO de Vigo e Pontevedra e do Equipo de Delincuencia Organizada da Garda Civil entraron tamén en vivendas en Vilagarcía, Vigo, Cambados, Pontevedra, Baiona, Soutomaior e Santiago. En Vilanova de Arousa producíronse 3 dos 22 arrestos que deixa de momento a redada. A rede dedicaríase ao tráfico de droga en pequenas cantidades, sobre todo heroína. O xulgado número 3 de Vilagarcía coordinaba a operación.
10