‘Amor ao Entroido en Ponteceso’ | Con tres mil euros en premios


O Concello de Ponteceso presentou a XXIX edición do desfile de disfraces Ponte de Entroido, que volve á escena este ano na capital da localidade.

Será o domingo 19 deste mes e está pensado para que participen dende os máis cativos ata os maiores. En total repartiranse 3.000 euros en premios.

Partirá ás 17:00 horas da Praza do Recheo e finalizará no pavillón. En caso de chuvia, realizarase directamente no espazo interior. Media hora máis tarde será a quenda dos desfiles e das actuacións musicais e teatrais e, ás 19:00 DJ, chegarán os inchables e a animación, obsequios e degustación.

A festa continuará o martes 21 de febreiro no polideportivo de Corme co baile de disfraces.

Dende as 17:30 horas haberá inchables e fotomatón, ás 18.30, será a entrega de obsequios, o desfile, degustación e a animación. Non é preciso anotarse.

Inscricións e categorías

Os interesados en participar nestes concursos poderán facelo nas categorías de comparsas ou carrozas. Será necesario a inscripción previa.

Para concursar en comparsas e carrozas é preciso apuntarse antes do día 17 de febreiro ás 12:00 no teléfono 630 90 71 24. As bases completas poden consultarse na web do Concello de Ponteceso.

Na seguinte ligazón: https://www.ponteceso.gal/ga/web/index.php?dep=1&mod=not&ide=2530