23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

O de Oroso ocorreu pasadas as nove da mañá na AP-9, en sentido Santiago. O 112 Galicia atendeu 9 chamadas relacionadas con este accidente, moitas delas dos propios implicados na colisión, que deixou 4 persoas feridas e 23 vehículos afectados. Debeuse a unha colisión en cadea nos carrís da autopista en sentido a Santiago, xusto ao paso polo punto quilométrico 52, en Oroso. Para a atención dos feridos, desde o 112 Galicia, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes e dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que asumiron todas as tarefas relacionadas coa seguridade e recollida de información sobre o accidente.

Entre os feridos estaban dous deputados do PPdeG, Gonzalo Trenor e Roberto Rodríguez, que viaxaban cara a Santiago para participar no Pleno do Parlamento, e que foron conducidos a un centro hospitalario. 

Noutro sinistro en Carballo. tres persoas resultaron feridas, dúas delas graves, como consecuencia dun accidente de tráfico ocorrido pouco antes das sete da mañá deste martes, no punto quilométrico 32,800 da autoestrada AG-55, sentido A Coruña, á altura de Punta del Este.

Unha forte sarabiada provocou que un camión e tres vehículos sufrisen unha saída de vía na AP-9 ao seu paso polo concello pontevedrés de Portas. Segundo fontes da Garda Civil, os feitos producíronse sobre as 15:30 horas deste martes no punto quilométrico 114 da devandita vía. A estrada non está cortada, pero piden aos condutores extremar as precaucións.

Related posts

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible

UCIN únese a que dimita Oscar Puente, pero tamén esixe a dimisión de Rueda ‘polo abandono da sanidade galega’

O temporal deixou máis de 700 incidencias rexistradas no 112 Galicia