241 médicos de familia que aprobaron a oposición elixen destino en atención primaria

1 minutes read

Os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría de médico de familia do Servizo Galego de Saúde elixiron este sábado un total de 241 destinos. O acto, celebrado no salón de actos da Consellería de Sanidade, contou coa presencia do titular do departamento sanitario autonómico, Jesús Vázquez Almuiña.

Por centros, as áreas sanitarias da Coruña, Santiago e Vigo concentran o maior número de destinos ofertados, cun total de 44, a área sanitaria da Coruña e 40, as de Santiago e Vigo, respectivamente.

O Sergas tamén adxudicaba 40 destinos correspondentes a outras catro categorías de persoal estatutario: 18 do grupo de xestión da función administrativa, 9 do grupo técnico da función administrativa, 7 da categoría de enxeñeiro técnico e 6 correspondentes á categoría de técnico superior en documentación sanitaria.