A exposición coas obras da décimo segunda edición do Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas pode visitarse as mañás de luns a venres do mes de agosto na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura de Vimianzo.
A mostra, organizada pola Deputación de A Coruña, reúne un total de 37 pezas de diferentes disciplinas coma a xoiería, cerámica, escultura ou costura. As obras premiadas son un sapo de prata da xoieira Carla Canedo na modalidade tradicional e un libro das encadernadoras Rosa Fernández e Mª Carmen Villalba na modalidade contemporánea.
A alcaldesa, Mónica Rodriguez, valorou como moi positivo que a Deputación achegase esta exposición ata Vimianzo na que se pon en valor e axuda a difundir a artesanía de Galicia e anima a participar no vindeiro certame aos artesáns de Vimianzo.
25 aniversario da mostra de artesanía ao vivo no Castelo de Vimianzo
Esta mesma semana, a alcaldesa tamén acudiu acompañada da concelleira de cultura, promoción económica e turismo, Rosa Blanco, á presentación do obradoiro de artesanía en vivo “BARCOS E NASAS” protagonizado polas laboriosas mans do artesano, Chema Suárez. Un moi estimado artesano que leva anos dando forma e vida a numerosas pezas de maquetería de índole mariñeira como redes, nasas, chalanas, aparellos de pesca, etc. Esta primeira mostra da paso ás restantes actividades de artesanía en vivo que se irán presentando ao longo de todo mes de agosto para celebrar os 25 ANOS DA MOSTRA ARTESANA AO VIVO NO CASTELO DE VIMIANZO, inaugurada o pasado 31 de xullo pola exposición de xoiería de vidro murano e mica “SINERXÍAS” da artesana e especialmente creativa, Esther Ferreiro.