Polo menos 25 membros da forza internacional despregada en Kósovo resultaron ferirdos nos disturbios nas manifestacións que tiveron lugar en tres municipios do norte. Centos de serbios congregáronse para esixir a retirada dos Concellos de novos alcaldes, da maioría albanesa, elixidos o pasado abril nunhas eleccións boicoteadas pola comunidade serbia. Tamén esixen a retirada da policía especial kosovar, que o pasado venres recorreu a gases lacrimóxenos para romper o bloqueo dos serbios para impedir a entrada dos alcaldes aos Concellos desas localidades, onde os serbios son maioría. Soldados da misión KFOR da OTAN, encargada de vixiar a seguridade en Kósovo, están despregados entre unidades da policía especial kosovar, que se atopa fronte ás instalacións municipais, e os manifestantes. A primeira ministra serbia, Ana Brnabic, criticou a xestión destes axentes.
0