25 axentes feridos nas protestas da comunidade serbia en Kósovo

Polo menos 25 membros da forza internacional despregada en Kósovo resultaron ferirdos nos disturbios nas manifestacións que tiveron lugar en tres municipios do norte. Centos de serbios congregáronse para esixir a retirada dos Concellos de novos alcaldes, da maioría albanesa, elixidos o pasado abril nunhas eleccións boicoteadas pola comunidade serbia. Tamén esixen a retirada da policía especial kosovar, que o pasado venres recorreu a gases lacrimóxenos para romper o bloqueo dos serbios para impedir a entrada dos alcaldes aos Concellos desas localidades, onde os serbios son maioría. Soldados da misión KFOR da OTAN, encargada de vixiar a seguridade en Kósovo, están despregados entre unidades da policía especial kosovar, que se atopa fronte ás instalacións municipais, e os manifestantes. A primeira ministra serbia, Ana Brnabic, criticou a xestión destes axentes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha