43
Segundo informou a Garda Civil, a operación, serviu para desarticular unha organización criminal. Iniciouse o pasado mes de maio e concluíu agora coa detención destas 25 persoas, todas elas naturais de Romanía, Moldavia, Ucraína e Portugal. Os axentes incautáronse de 300 toneladas de produto. Trátase dunha operación conxunta en que participaron a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Ourense, a Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira de Ourense e o Greco da Policía Nacional de Galicia, e que de momento segue aberta.