25 persoas detidas en relación co pesqueiro que traía cocaína desde Venezuela a Galicia

Axentes da Policía Nacional detiveron este martes arredor dunha ducia de persoas en Vilagarcía, Sanxenxo, Bueu, Vilanova e outras localidades da comarca do Salnés. 

Ao longo da xornada producíronse numerosos rexistros en domicilios e en naves industriais en busca de probas.

Ademais destes arrestos en terra, a Policía detivo outras 12 persoas a bordo do barco.

Todos eles chegaron ao porto de Vigo este luns e permanecerán na comisaría da cidade ata que pasen nas vindeiras horas a disposición da Audiencia Nacional en Madrid.

Calcúlase que o pesqueiro Sophie traía a bordo unha tonelada e media de cocaína. Pero os axentes só puideron recuperar algo máis de 400 quilos porque a tripulación abriu varias vías de auga no barco para afundilo e eliminar as probas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha