25N | A muller cobra visibilidade en Cabana cunha xornada cultural

Casa do Pendón__Cabana de Bergantiños

  • Desenvolverase das 11:00 ás 13:00 horas na Casa do Pendón

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra este xoves, a Casa do Pendón do concello de Cabana acollerá a xornada ‘A visibilidade da muller. Somos unha voz importante’ co obxectivo de concienciar sobre o papel da muller a través da educación e a cultura.

Desenvolverase das 11:00 ás 13:00 horas e participarán representantes do Concello, mulleres do sector do teatro, da arte e da literatura. Tamén actuará o grupo musical Son de Cabana.