25N | ‘As mulleres de Camariñas: libres e rabudas’, andaina contra a violencia machista

Concello de Camariñas

  • Participar é gratuíto pero será necesario confirmar asistencia chamando ao 981 737 004

O Concello de Camariñas organiza unha andaina de cara ao 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Baixo o nome ‘As mulleres de Camariñas: libres e rabudas’, os participantes percorrerán un treito desde o Museo de Cerdeimar (con saída ás 10:00 horas) ata o porto da vila pasando polo Museo do Encaixe, onde visitarán a exposición fotográfica que dá nome á esta andaina. Durante a ruta os asistentes coñecerán como é a vida dunha mariñeira e unha percebeira para, por último, rematar cunha concentración en repulsa da violencia machista.

Participar é balde pero as prazas son limitadas, polo que é necesario confirmar asistencia chamando ao 981 737 004. Cada persoa que o faga recibirá un agasallo.