25N Cee | En Negro Contra as Violencias

1 minutes read

O concello de Cee súmase un ano máis á campaña de denuncia e sensibilización social contra a Violencia de xénero «En Negro Contra as Violencias», á que actualmente están adheridas 2 deputacións, 140 concellos, 210 empresas, 155 colectivos e 72 centros de ensino. En total, preto de 500 entidades que se organizan mediante unha plataforma para loitar contra as violencias machistas. Ademais miles de establecementos apoiaron durante estes anos a acción cubrindo de negro os seus escaparates e lugares de traballo. A concelleira de Igualdade, Ema Trillo en colaboración co CIM, explica que «o obxectivo desta campaña é facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, e tinguir de negro todo o municipio a través dos escaparates dos comercios, dos maniquís, da roupa de traballo, das máscaras, etc, desde o 19 de novembro ata o 29 de novembro. Este ano «En Negro contra as Violencias» fundamenta a súa campaña no activismo virtual.

  • Ante a crise sanitaria actual e as restricións de mobilidade e distanciamento social, a acción realizarase, sobre todo, nas redes sociais.
  • A acción social En Negro Contra As Violencias continúa un ano máis expandíndose e tiñendo de negro espazos públicos e privados.
  • Constituída por diferentes entes, a plataforma pretende poñer fin ás diferentes formas de violencia contra as mulleres polo simple feito de selo. Para que a túa imaxe apareza na selección de imaxes de https:// ennegrocontraasviolencias. gal/gl utiliza en Twitter, Facebook e Instagram a etiqueta #EnNegro2020 #EnNegro #ContraAsViolencias #GaliciaEnNegro #NonEstásSoa #QuerémonosVivas #CeeEnNegro. Lembrar que a incorporación de imaxes non é automática.