25N | Coloquio sobre os estereotipos e a discriminación contra as mulleres en Malpica

1 minutes read
  • Este xoves desenvolveranse varios actos na Praza de Anselmo Villar Amigo e no centro comarcal de Buño

Este xoves 25 celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, motivo polo que desde a Concellaría de Igualdade de Ponteceso deseñaron unha campaña de sensibilización para axudar á veciñanza a recoñecer e intervir ante unha agresión deste tipo.

Ás 12:00 horas, na Praza de Anselmo Villar Amigo, terá lugar a lectura dun manifesto mentres que ás 18:00 horas desenvolverase un coloquito con David Kaplún e Ana Saavedra como convidados. Será no centro comarcal de Buño.

No coloquio profundizarase nunha análise da sociedade e no proceso de socialización para comprender por que se perpetúan estereotipos e roles e por que se lexitima a discriminación cara as mulleres. Con esta charla «queremos invitar ás mulleres e homes do municipio […] reflexionar sobre a necesidade de visibilizar e erradicar dunha vez os comportamentos machistas e patriarcais», sinalan desde o Concello.

A entrada será libre ata completar o aforo. A ambos actos asistirán o alcalde, Eduardo Parga, e a concelleira de Igualdade, María Soledad Blanco.