25N | Marcha contra a violencia de xénero en Ponteceso

Imagen contra la violencia de género

  • Este sábado o MACCMO de Corme acollerá unhas xornadas sobre a educación

Ponteceso é outro dos concellos da Costa da Morte que organiza unha andaina para reivindicar a igualdade e a necesidade de loitar na rúa pola eliminación da violencia contra a muller.

A marcha terá lugar o propio día conmemorativo desta loita, o 25 deste mes, a partir das 10:00 horas. Os participantes percorrerán un treito desde o Edificio das Escolas ata a Casa do Concello.

Debate sobre a educación no MACCO de Corme

Por outra banda, o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACCMO) acollerá este sábado, a partir das 11:00 horas, unhas xornadas sobre a educación.

Organizadas polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado da Coruña (CFR) no marco do Espazo Educar, trátase dun proxecto formativo cultural dirixido á comunidade escolar dos centros educativos cuxo obxectivo é que a educación «se converta nun punto de encontro entre pais, nais, profesorado, alumnado e outras entidades da contorna», sinalan desde a organización.

Ademais, Juan de Vicente Abad, docente experto en resolución de conflictos, interculturalidade e convivencia escolar, presentará o libro Convivencia restaurativa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha