26 concellos galegos fanse co ouro no marco do programa Praias Sen Fume

Así o destacou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nun acto que tivo lugar no concello de Ponteceso, e que contou coa presenza da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e do alcalde deste concello, José Manuel Mato Martínez.

Os 26 concellos recoñecidos con esta distinción son, na provincia da Coruña, Bergondo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cabanas, Cedeira, Corcubión, Dumbría, Laxe, Mañón, Noia, Oleiros, Ponteceso, Pontedeume, Rianxo e Valdoviño. Na provincia de Lugo, Cervo e Barreiros. Pola súa banda, na provincia de Pontevedra, os concellos que acadan este galardón son, A Guarda, Baiona, Cerdedo-Cotobade, Ponteareas, Ponte Caldelas, Redondela, Sanxenxo, Tui e Vilaboa.

Esta iniciativa botou andar no 2016 cun fin educativo e de sensibilización social. Comezouse con 26 praias, e a día de hoxe xa son 224 os areais galegos libres de fume, e isto é posible grazas á colaboración dos 80 concellos que participan activamente no programa, e que son exemplo do que se pode acadar cando unha comunidade se fixa un obxectivo común.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha