Galicia está ata este mércores, 8 de novembro, no Fórum Gastronómic de Barcelona, promocionando a calidade dos produtos galegos nun espazo habilitado pola Xunta a través da colaboración da Consellería do Medio Rural, a Consellería do Mar e a Consellería de Economía, Industria e Innovación. Neste stand están presentes 26 empresas de sectores referenciais do campo e do mar galego xunto a unha selección de produtos que terminan de completar as oportunidades gastronómicas da industria alimentaria galega. Todos baixo a marca Galicia Calidade -ou en proceso de certificación-, ou amparados por indicativos como a denominación de orixe ou a indicación xeográfica protexida.
O conselleiro do Medio Rural, José González, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, estiveron na xornada de apertura dunha feira que o ano pasado reuniu a decenas de miles de asistentes e conta con centos empresas convidadas. González, Villares e Méndez coincidiron en resaltar a importancia de que, por primeira vez, Galicia esté presente nun evento destas características baixo o paraugas común de Galicia Calidade.