280 persoas participaron nos cursos de manexo do teléfono móbil en Carballo

  • Foron organizados polo concello de Carballo e impartidos pola Cruz Vermella

Este martes celebrouse a última sesión na parroquia de Ardaña, e ata alí achegouse o concelleiro de Cultura e Deporte, Marcos Trigo, para agradecer a participación da veciñanza e clausurar a actividade, ademais de agradecer a colaboración da Asemblea Local da Cruz Vermella de Carballo, que se encargou de preparar os manuais que se entregaron a todos/as os/as participantes, de formar ás monitoras e de impartir os obradoiros, tamén se destacou a implicación dos consellos parroquiais e do movemento asociativo das diferentes parroquias para achegar a información á veciñanza, recoller as follas de inscrición e ter a punto os locais sociais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha