29 infectados con coronavirus en Galicia, e subindo


O número de infectados por coronavirus en Galicia ascende a 29, pero a Consellería de Sanidade apunta que hai 15 casos pendentes de confirmación. Son casos que en Galicia deron positivo pero queda que os confirme o Centro Nacional de Microbioloxía. A área sanitaria da Coruña é a máis afectada con 29 casos, e alí tamén está o principal foco de infección que o centro de cívico de Feáns do que se derivan a maioría dos casos. Con todo, deses 44 positivos por coronavirus máis da metade está en atención domiciliaria. Hai dous pacientes en estado grave ingresados na UCI. 

Para previr máis contaxios, seguese tomando máis medidas para os próximos 15 días. recomendase que os eventos deportivos sexan a porta pechada e quedan suspendidos os actos cun aforo de máis de mil persoas, tamén se suspende o progama de actividade extraescolares Xogade e as prácticas en centros sanitarios.

Sanidade pídelle a todos os galegos, que utilicen só o teléfono 061 para as urxencias, e para aspersoas que presenten síntomas leves que chamen ao teléfono reservado para o coronavirus que é o 900 400 116.

Promo campaña coronavirus.