3.600 euros de multa por realizar unha festa de aniversario en Carballo

1 minutes read

Esa é a cantidade á que poden ser sancionados seis mozos carballeses que realizaron unha festa de aniversario nun baixo dun parente dun deles nun edificio en Carballo. Os 3.600 euros sería a suma dos 600 euros cos que podería ser multado cada unha destas persoas ao realizar unha actividade non permitida debido ao quebrantamento das normas sanitarias en vigor impostas pola Xunta de Galicia derivadas da pandemia de covid-19. Segundo a versión dun dos raparigos alí presentes «fomos advertidos de malos modos» pola autoridade competente sinalando ademais que, «nós estamos todos sans e non sabiamos que non podiamos estar os seis xuntos». Cabe destacar que o descoñecemento da Lei non nos exime da obrigatoriedade do seu cumprimento.