40
Corme convertese nun destino obrigado durante a ponte da Constitución para todas as persoas que queiran gozar dunha fin de semana diferente en familia. A Concellaría de Turismo vén de presentar un novidoso programa de actividades no que teñen cabida tanto pequenos coma maiores, e que ten como obxectivo de que todos poidamos gozar de “3 días x Corme”, compaxinando o desfrute da paisaxe e da restauración local cunha proposta de ocio activo que non deixará a ninguén indiferente.