30.000 fogares galegos sen luz a causa do temporal Fabien


A líña principal que cruza dende Arteixo ata Malpica tamén caeu ás 18:00 horas deste sábado e moitos veciños da Costa da Morte quedaron sen luz. En Zas e tamén en Cee hay puntos de liña de media tensión cortados dende o xoves pola noite.

Brigadas e operadores da rede eléctrica levan traballando na resolución de múltiples incidencias que afectan sobre todo na área da Coruña a contorna de Pontedeume e na provincia de Lugo ás localidades de Chantada e Sober.

A media tarde deste sábado houbo problemas de subministro eléctrico uns 9.700 fogares na provincia de Ourense, 8.500 en Lugo, 7.000 na Coruña e 1.800 na provincia de Pontevedra.