30.000 persoas volven saír á rúa en Madrid en defensa da sanidade pública

1 minutes read

Os manifestantes critican a “privatización” e os “recortes” na sanidade pública da Comunidad de Madrid e piden máis recursos e financiamento para os servizos públicos da rexión. A marcha coincide coa folga indefinida dos médicos e pediatras de atención primaria da capital. Á cabeza da protesta, por diante dunha pancarta co texto “non aos recortes e a privatización, si á sanidade e os servizos públicos”, Marisa Torres, voceira da Marea Branca, pediu que os responsables políticos “actúen dunha vez” para desenquistar o problema e xustificou que hai “razóns” para estar na rúa “con insistencia e persistencia”. Torres denunciou que hai 800.000 pacientes na rexión que non teñen asignado “nin médico nin enfermeira nin pediatra”, o que na súa opinión choca coa Lei de ordenación sanitaria da Comunidad de Madrid.