Sábado 30 de marzo o mundo celebra a Marcha Mundial pola Endometriose e en Galicia a asociación QUERENDO mulleres con endometriose convoca unha serie de actos para a sua conmemoración. A cidade elixida este ano para acoller os actos centrais foi a cidade da Coruña a onde chegan por primeira vez despois de ter estado en edicións anteriores en Santiago, Lugo, Vigo ou Ourense.
OS CONCELLOS SÚMANSE Á XORNADA DE LOITA
Diferentes concellos e deputacións sumaranse ao evento iluminando en amarelo edificios salientables:
- A Coruña a Torre de Hércules
- A Deputación da Coruña a fachada do Teatro Colón
- Ferrol a casa do concello
- Oleiros o Castelo de San Antón
- Ames unha das súas Fontes
- Vigo unha das súas fontes
- Ourense a Ponte Romana
- Lugo o Pazo de San Marcos
Carballo súmase un ano máis á Hora do Planeta
Sabemos que apagar durante unha hora o alumeado da Praza do Concello non pasa de ser un xesto simbólico, pero os símbolos tamén son necesarios na loita contra o cambio climático. Por iso, o Concello de Carballo volve a sumarse á Hora do Planeta, a campaña de WWF que comezou hai máis dunha década en Australia e que hoxe está estendida por todo o mundo. A iniciativa pretende concienciar a sociedade sobre a necesidade de adoptar medidas fronte aos danos provocados pola actividade humana no ambiente, así como reducir as emisións contaminantes, aforrar enerxía e rebaixar a contaminación lumínica. O compromiso debe ser colectivo, e por iso convidase a toda a cidadanía a participar tamén apagando as luces o sábado 30 de marzo entre as 20.30 e as 21.30 horas.
