30 de xullo: Día Mundial contra a Trata de Persoas

Pixabay

  • España é o primeiro país europeo en demanda de prostitución e o terceiro do mundo

Desde o ano 2013 cada 30 de xullo celébrase o Día Mundial contra a Trata, designado pola Asamblea Xeral da ONU durante unha reunión da avaliación do Plan de Acción Mundial contra esta forma de escravitude.

Segundo a Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito, entre os anos 2003 e 2016 houbo 225.000 vítimas entre mulleres, nenos e homes que son explotados con numerosos propósitos: para prácticas sexuais, para traballos forzos ou mesmo para actuar como soldados. A maioría das vítimas son mulleres e nenas (72%), e a porcentaxe de nenos explotados duplicouse durante desde o 2004 ata o 2016.

Un informe elaborado polo Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (Citco), sinala que durante o ano 2018 en España reducíronse as cifras de vítimas de trata con fins de explotación sexual; pero non sucedeu o mesmo co número de casos de explotación, xa que moitos teñen lugar en propiedades privadas.

A exdelegada do Goberno para a Violencia de Xénero, Pilar Llop, sinalaba fai uns meses que o 39% dos homes españois, segundo Nacións Unidas, pagou nalgunha ocasión por manter relacións sexuais. Pero ademais España non é só unha potencia mundial en consumo de prostitución, senón que tamén é un dos principias destinos de tráfico de mulleres e de puntos de tránsito, conseguindo ser o primeiro país europeo en demanda de prostitución e o terceiro do mundo.