47
Este luns comezou, en Corme, o Curso de Vela da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Ponteceso Un total de 30 nenos e nenas gozarán desta fermosa actividade. Os alumnos divídense en dous grupos 16 pola mañá de 10:00 á 14:00 horas e 16 pola tarde de 16:00 á 20:00 horas. A actividade levarase a cabo ata o vindeiro 12 de agosto. O Concello de Ponteceso agradece a Diputación o apoio para realizar estas actividades.