Un grupo de 30 rapaces laracheses de entre 12 e 18 anos de idade estiveron a participar esta fin de semana no programa “Finde na Neve” organizado polo Concello. A cota que tiveron que aboar os que obtiveron a praza foi de 90 euros. Inclúe o transporte en autobús, a estancia con pensión completa nun hotel de tres estrelas, aluguer de material (esquís, botas, bastón e casco), curso de esquí e seguro de viaxe. O destino foi a estación invernal Fuentes de Invierno, localizada no corazón da Montaña Central asturiana, no municipio de Aller, unha zona de extraordinaria riqueza cultural e artística e no medio dunha contorna natural privilexiada. Iglesias románicas, casas solariegas, pozos mineiros e outras mostras de patrimonio industrial altérnanse con paisaxes como as Fouces do Río Aller ou o Roteiro de Foces do Piñeiro, entre outras moitas paraxes de singular beleza. E todo iso, a tan só 70 kms. de Oviedo e 84 kms. de León.
25