300 solicitudes en 4 días para visitar o Pazo de Meirás

Desde o pasado sábado, día no que o Concello de Sada anunciou que a partir deste xoves 1 de xullo se abrirían as portas do Pazo de Meirás, recibiron preto de 300 solicitudes para realizar a entrada polos xardíns nunha visita de hora e media de duración e na que se ofrecerá unha explicación xeral acerca da orixe e evolución da finca, cos dous momentos importantes, a época de Pardo Bazán coa construción das Torres e  a partir de 1938 como uso de residencia de verán de Franco e a explicación do proceso de obtención e detentación da propiedade polo ditador.

Tal foi a demanda que o Concello de Sada compretou en catro días todas as visitas guiadas desde o domingo 4 ao domingo 11 de xullo. Antes, desde este xoves e ata o sábado, o Concello de Sada convidará a sadenses vítimas do franquismo, familiares de executados, asociacións memorialistas galegas, familiares de Isaac Díaz Pardo e Alexandre Bóveda e persoas destacadas e historiadoras/es para visitar o Pazo de Meirás.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha