17
Os Campamentos Municipais de Nadal do Concello de Frades, que veñen de comezar esta semana e que durarán ata o vindeiro 5 de xaneiro, reúnen a un total de 32 nenos e nenas en idade escolar.
Este programa realízase para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar nas familias do concello nestas datas onde non hai escola. Ten lugar no CPI de Ponte Carreira e está organizado polo Concello de Frades, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.
Nestes días de vacacións, a rapazada está a desfrutar de xogos, obradoiros, contacontos, actividades deportivas e moitas sorpresas de Nadal.