O Concello de Camariñas fixo pública este martes 16 de decembro a lista das 34 persoas finalistas que participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará durante a XXXV Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña.
O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores e deseñadoras: Adriana Alonso Álvarez (Santiago de Compostela); Ainhoa Trueba López (Torrelavega, Cantabria); Alba Martínez Arjona (Terrassa); Andrea Alegría Ballester (Santander, Cantabria); Andrea Bernado Gil (Lleida); Andrea Gómez Usó (Tabernes Blanques, Valencia); Borja Pintos Nieto (Madrid); Carla Ayllon Ferraro (Valencia); Carlota Paradela Sued (Santander, Cantabria); Chenxi Zhao (Santa Coloma de Gramenet, Barcelona); David Fernández Fernández (A Coruña); Eduardo Rial Barral (Viladecruces, Pontevedra); Enmma Ritzo (Santander, Cantabria); Estefanía Orgaz Fernández (Orro, Culleredo); Gloria García Cuenca (Madrid); Iria Navarrete Ponte (Nigrán); Javier Requena López (La Rinconada, Sevilla); José Ródenas Colomer (L’Eliana); Josu Santos Blanco (Sobrado do Bispo, Ourense); Laura Freire Feijoo (Aranga, A Coruña); Leticia Rodríguez Cancela (Cospeito, Lugo); Lucía Cornide Muiño (Brexo, Cambre); Lucía García Palmero (Granada); María Beatriz Zambrano Moreno (Santander); Marina Lamelo Ballejo (Santiago de Compostela); Marina Martín García (Antequera, Málaga); Nicolás Liste Oubel (Santiago de Compostela); Noelia Barreiro González (Santiago de Compostela); Pau Borrós Jaques (Barcelona); Pedro Orgaz Fernández (Orro, Culleredo); Rocío Molina López (Restábal, Granada); Rubén Pérez Ornedo (La Palma del Condado, Huelva); Sheila Pérez Garrido (Madrid); Sofía García Rodríguez (Pontevedra).
A maior parte das persoas seleccionadas pertencen aos seguintes colexios: Valencia, Susa Suárez Santiago de Compostela, SD Mestre Mateo, Escuela Superior Sevilla de Moda, Barreira A+D, Estación Diseño de Granada, Artediez Madrid, Cesine Cantabria e Escuela Superior de diseño Goymar.
Na pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas desfilarán un total de 28 colección e a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, quixo “dar os parabéns a todas as persoas finalistas” e animounos a “traballar duro para, dentro duns meses, poder amosar todo o seu talento na pasarela da Mostra e poñerllo difícil ao xurado”.
Foto de grupo 2025._Cedida.