35 millóns de euros en axudas para a reforma enerxética de vivendas e edificios

Este programa, que estará dotado con 17 millóns de euros a repartir nos vindeiros tres anos -2021,2022,2023-, permitirá mobilizar 35 millóns de euros e crear 2.300 postos de traballo, segundo a Xunta.

As actuacións subvencionables deberán encaixar en algunha das seguintes tipoloxías: actuacións na envolvente térmica dos edificios; uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria; e melloras nas instalacións de iluminación.

Por outra banda, os beneficiarios serán, principalmente: as persoas físicas propietarias de vivendas unifamiliares ou edificios residenciais, e as comunidades ou agrupacións de propietarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha