35 mortos e 80 feridos pola explosión dunha gasolineira en Rusia

1 minutes read

Polo menos 35 persoas morreron, entre elas tres nenos, e outras 80 resultaron feridas tras a explosión dunha gasolineira en Majachkalá, capital da rexión rusa de Daguestán.

Segundo o Comité de Instrución, o incendio que provocou a explosión da gasolineira orixinouse nun taller de reparación de automóbiles lindeiro con ela. De acordo co Ministerio Interior de Daguestán, estalaron dous dos oito depósitos de combustible da gasolineira. Aínda existe o perigo doutro estalido. A policía e os funcionarios de Makhachkala apartaron ás persoas do lugar dos feitos.

O presidente ruso, Vladimir Putin, mostrou este martes as súas condolencias aos familiares das vítimas do incendio. No comunicado do Kremlin o líder ruso hambién desexou “unha pronta recuperación dos feridos”.

As autoridades incoaron un proceso penal por prestación de servizos sen respectar as medidas de seguridade. O Goberno daguestaní tamén anunciou que asistirá materialmente aos familiares dos falecidos con axudas dun millón de rublos, uns 10.000 dólares, mentres que os feridos recibirán 400.000 rublos, uns 4.000 dólares.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?