Atopada en bo estado a moza desaparecida en Ordes

1 minutes read

A moza foi atopada na mañá deste domingo en bo estado preto de onde desaparecera. A moza, foi localizada polo operativo de busca na parroquia ordense de Santa Cruz de Montaos, preto de onde foi vista por última vez, despois de pasar toda a noite acubillada no monte. Presentaba un cadro de desorientación e indicios de hipotermia. Foi trasladada en ambulancia ao Complexo Hospitalario de Santiago.

Ánxela Isabel Blanco Lesta, de 36 anos, desapareceu na tarde deste sábado sobre as 14.00 horas no lugar de Queis, na parroquia de Santa Cruz de Montaos, no municipio de Ordes. Os seus familiares, que presentaron denuncia na Garda Civil e alertaron a SOS Desaparecidos, sinalan que non leva teléfono móbil e que vestía unha cazadora verde, pantalón negro, e unhas zapatillas rosa. Onte sufriu un brote psicótico, tras pasar a noite coa súa familia. Na mañá do sábado intercambiou mensaxes telefónicas con algúns amigos e marchou da casa desorientada. Algunhas testemuñas aseguran que a viron nun coche que non era seu e tamén camiñando. Comentoulles que quería chegar a Ourense. Este sábado a tarde-noite buscárona na zona de Deixebre e agora a busca amplíase á outras zonas.

A moza foi atopada na mañá deste domingo en bo estado preto de onde desaparecera.