A Deputación da Coruña convoca cinco programas de subvencións destinados a apoiar ás entidades e clubs deportivos da provincia.
Cun orzamento global de máis de 3,6 millóns de euros, as axudas teñen como obxectivo “a promoción da actividade deportiva en todos os seus ámbitos, dende o fomento do deporte base ao apoio a grandes eventos e investimentos”, segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.
A área de Deportes reserva tamén 395.000 euros para unha liña de subvencións destinada a apoiar ás entidades sen ánimo de lucro da provincia na organización e desenvolvemento de grandes eventos deportivos, singulares ou de especial interese pola súa incidencia en termos deportivos, sociais ou económicos para o territorio no que se celebran.