44
Este xoves, a Xunta informou a través dun comunicado de que «o brote de coronavirus da Mariña contaba con 21 casos activos máis» que o día anterior, cando este indicador se situaba en 144. Isto fai que o total de «positivos activos» chegue a 165. Pero o Sergas tamén indica que o número de «altas epidemiolóxicas de persoas que eran positivas» a causa do brote ascende xa a 25, quince máis. O número de novos casos detectados na xornada deste xoves foi de 36.